Thursday 09 de May de 2024

O Concello da Pobra convoca procesos selectivos para o nomeamento de persoal funcionario interino


O Concello da Pobra do Caramiñal aproba as bases reguladoras de dous novos procesos selectivos e efectúa a convocatoria das probas mediante unha oposición. Neste caso están orientadas á formación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino pertencente ós subgrupos C1 e C2.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos de acordo co posto ó cal se presenten.

Deberase solicita-la participación mediante unha instancia, conforme o modelo que consta no anexo I das mencionadas bases, xunto coa documentación exixida. A entrega farase preferiblemente de maneira telemática a través da sede electrónica do Concello da Pobra do Caramiñal no prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 31 de outubro. O trámite tamén se poderá realizar en calquera das formas determinadas no procedemento administrativo común das administracións públicas. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios da Administración local e na referida sede electrónica.